publicidade hoxe

Ethel Vázquez avoga pola coordinación entre administracións e colectivos para consensuar o carril bici da estrada PO-552

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOia
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro de traballo cos alcaldes de Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda coa fin de que os distintos colectivos e administracións implicadas traballen da man para acadar consenso na configuración do carril bici da estrada PO-552, entre Baiona e A Guarda. Vázquez destacou a importancia de determinar unha solución que garanta unha maior seguridade viaria e satisfaga a todos os usuarios que empregan habitualmente esta estrada.

A Xunta celebrou hai un mes unha xuntanza coas agrupacións de ciclistas, para tratar este asunto, escoitar as súas opinións e convidalos a que trasladasen as súas propostas. Así, nesta liña de diálogo, hoxe na reunión participan os alcaldes dos municipios polos que transcorre este carril bici para analizar a configuración deste itinerario de maneira que atenda e satisfaga a todos os usuarios que empregan esta vía.

A titular de Infraestruturas indicou que os técnicos da Xunta xa están a estudar as posibilidades de actuación no carril bici, para facer compatibles os distintos usos que se lle dá a esta infraestrutura: atendendo ás demandas dos ciclistas deportistas, pero tamén tendo en conta as necesidades dos peóns e daqueles ciclistas que non realizan un uso deportivo do carril bici, e que precisan tamén de protección ante o automóbil.

A conselleira precisou que a solución técnica que finalmente se propoña deberá contar coa conformidade da Dirección Xeral de Tráfico, con quen se está a traballar de maneira coordinada, tanto no deseño deste carril bici como no desenvolvemento de campañas específicas de seguridade viaria que redunden na protección daqueles usuarios máis vulnerables: peóns e ciclistas.

19 de abril de 2016 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.