Democracia Ourensana denuncia na Fiscalía á Deputación de Baltar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Europa Press

Democracia Ourensana presentou este mércores unha denuncia ante a Fiscalía coa que quere que se investigue a Deputación Provincial de Ourense dirixida polo popular José Manuel Baltar por supostos delitos que, segundo citou o voceiro de este partido, Gonzalo Jácome, abranguerían, entre outros, “suborno, financiamento ilegal (do partido), prevaricación, malversación de caudais, enriquecemento ilítico e alteración artificial das normas da competencia”.

En declaracións aos medios, Jácome indicou que cren que o caso de Ourense “pode ser” co “3% de dean CiU” ou a situación “en Valencia co PP”. “Estamos ante uns presuntos delitos clarísimo, non xa o financiamento ilegal do PP, senón tamén enriquecimientos ilícitos e xente que se está a levar diñeiro”, manifestou.

Así, explicou que, nos nove meses que leva Democracia Ourensana na Deputación, este grupo detectou que “o 75 por cento das obras” do ente provincial as levan “cinco empresas”, polo “fraccionamento” dos contratos, o que permitiu que o goberno provincial os outorgase “a dedo”.

Jácome apuntou que o “desfalco podería estar en torno a 2 millóns” que, “multiplicados” por catro anos que dura a lexislatura, sería de 8 millóns de euros. “Queremos que se tire do fío”, resaltou, xa que, argumentou, os dous millóns de euros só serían dende 2015, cando Democracia Ourensana accedeu á Deputación.

27 de abril de 2016 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.