publicidade hoxe

Continúa a procura do ancián desaparecido en Monfero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonferoSucesos
A-
A+
Europa Press

Efectivos de Garda Civil e de Protección Civil continúan este martes cos labores de busca do ancián desaparecido dende o pasado venres no municipio coruñés de Monfero.

Segundo a información do 112, un amplo operativo de busca formado por efectivos de emerxencias, familiares e veciños a buscar o home dende que se perdeu a súa pista, aínda que polo momento non se localizou ningún dato sobre o seu paradoiro.

No operativo participan, ademais da Garda Civil e Protección Civil, membros do GES, cans de salvamento e rescate de Ferrol e a unidade operativa de drones da Axencia Galega de Emerxencias.

O home, que sofre varias doenzas, reside no lugar da Illa, na parroquia de San Fiz, e desapareceu tras saír a dar un paseo o venres.

26 de abril de 2016 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.