publicidade hoxe

Chega aos xulgados o detido polo crime no bar do barrio de Caranza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Europa Press

Chega ás 9,53 horas aos xulgados de Ferrol o mozo de 31 anos detido polo crime da camareira do Bonky, Marta S.V., de 43 anos, na madrugada do luns.

O arrestado, veciño de Narón e que tamén rexentaba un establecemento hostaleiro no mesmo barrio de Caranza, era cliente habitual do bar no que traballaba a vítima.

Segundo fontes coñecedoras da investigación confirmaron, en sede policial, o arrestado recoñeceu estar no bar na noite na que aconteceron os feitos e admitiu coller un coitelo, pero asegurou que non se acordaba de nada ata verse fóra “ensanguentado”.

27 de abril de 2016 | 11:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.