Caballero considera moi boas as anteriores listas socialistas de Pontevedra para as xerais
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, sinalou que, de cara ás próximas eleccións xerais, falarase con “cada un dos integrantes que formaron parte das anteriores listas do PSOE en Pontevedra, aínda que sostivo, en todo caso, que foron “unhas grandes listas, moi boas, fantásticas”.
Así pronunciouse ao ser cuestionado sobre se as listas electorais deberían cambiarse ou repetirse nas próximas eleccións de xuño, ante o que se limitou a sinalar que a proposta que se levará ao comité federal de que se manteñan as listas anteriores, salvo en casos singulares, atende a “un criterio” no que el “non -entra- aínda”.
En concreto, sobre a provincia de Pontevedra, remarcou que se fará o que crea “máis conveniente para este territorio, esta provincia e esta cidade”, e incidiu en que, unha vez que se convoquen as eleccións, será cando empezará a falar.
En todo caso, sostivo que está “moi contento coas listas anteriores” no relativo a os cabezas de lista tanto ao Congreso coma ao Senado. “Tomaremos decisións, pero, dende logo, dende o meu convencemento de que as listas que presentamos nas eleccións de decembro eran unhas excepcionalmente boas listas”, concluíu.











