Caballero asegura que o Concello de Vigo cumpre a lei na contorna do hospital Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este mércores á denuncia do Sergas ante a Fiscalía polos problemas de tráfico na contorna do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), asegurando que o Concello e a Policía Local “cumpren a lei a machada”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor referiuse a esa decisión de Sanidade de pór en coñecemento do ministerio público a “inacción” da administración municipal ante eses problemas, a pesar dos múltiples avisos e denuncias ante a Policía Local.

O alcalde indicou que esa medida responde ao “empeño” do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que os vigueses “paguen por aparcar” no HAC e, en todo caso, proclamou que o concello olívico “sempre cumpre escrupulosamente a lei”. “Non estou seguro de que el faga o mesmo”, engadiu Caballero.

7 de abril de 2016 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.