publicidade hoxe

Asínase un novo contrato para a cesión dunha oficina no viveiro de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínPontevedra
A-
A+

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinou está mañá un contrato para a cesión da oficina 5 do viveiro de Lalín coa empresa Stoutic Computing Technologies S. L. para o desempeño da súa actividade, centrada en dar solucións de automatización da xestión do e-commerce da empresa peme.

No marco da sinatura Silva subliñou que “a empresa é un exemplo de por onde vai a economía, pola vía das TIC”. A través deste viveiro a Deputación de Pontevedra pretende darlles unha acollida temporal a novas empresas, acompañándoas e prestándolles servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto coa finalidade de facilitar o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a provincia.

O viveiro de empresas de Lalín conta cos seguintes espazos para a cesión do seu uso: tres naves, cunha superficie variable de 141 m² a 142,70 m²; cinco oficinas, cunha superficie variable de 16,10 m² a 18,10 m²; e un espazo de 92,10 m², cunha capacidade para 16 postos de coworking. Na actualidade a ocupación das oficinas é dun 80 %, quedando pendente a ocupación das tres naves.

25 de abril de 2016 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.