Ángeles Vázquez mantén unha reunión coa alcaldesa de Meaño
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Meaño, María Lourdes Ucha Varela, para interesarse de primeira man das necesidades deste municipio pontevedrés.
En concreto, abordouse o acondicionamento e mellora de varios camiños rurais do concello. Neste senso, a conselleira destacou o orzamento previsto para este concello –que ascende a 47.144 euros- dentro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal pero salientou que se estudarán estes casos en profundidade.