Ángeles Cantón toma posesión do cargo como asesora xurídica de Medio Ambiente na Deputación de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Manuel Baltar na reunión con Ángeles Cantón

Manuel Baltar na reunión con Ángeles Cantón

A Deputación de Ourense reforza desde hoxe a súa Área de Medio Ambiente coa incorporación da letrada María de los Ángeles Cantón Álvarez, quen tomou posesión esta mañá do seu cargo como asesora xurídica de Medio Ambiente da institución provincial, nun acto que contou coa presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar; do vicepresidente segundo, Jorge Pumar, e do vicesecretario xeral da institución, Juan Marquina.

A incorporación de Ángeles Cantón ao equipo administrativo-xurídico da Área de Medio Ambiente do ente provincial forma parte do proceso de modernización e profesionalización da función pública na administración provincial impulsado por Manuel Baltar no Plan Ourense 92. Precisamente, dentro deste marco re-organizativo dos recursos humanos, desenvolvido por Baltar para seguir mellorando a xestión e a prestación de servizos da Deputación a concellos e cidadáns, intégranse as incorporacións do citado vicesecretario xeral e do tesoureiro da institución provincial, Miguel González.

Antes de incorporarse ao seu novo cargo na Deputación de Ourense Ángeles Cantón, técnico de Administración Xeral, foi xefa do Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística e Patrimonio no Concello de Ourense. Ángeles Cantón, natural de Ourense, é licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo e máster en Dereito Urbanístico e Medio Ambiente pola Universidade de Vigo.

4 de abril de 2016 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.