publicidade hoxe

A Xunta licita as obras de reforzo do firme en varios treitos das estradas AC-960 e AC-250, ao seu paso por Santiago, Boqueixón e Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoqueixónSantiago de CompostelaTouro
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de reforzo de firme nas estradas A Susana- Vila de Cruces (AC-960) e Sigüeiro- Lavacolla (AC-250) por un investimento de máis de 627.000 euros.

Estas actuacións teñen un prazo de execución de 6 meses e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 16 de maio. No seguinte enlace pode consultarse a información relativa á resolución publicada hoxe no DOG: http://goo.gl/LjM9iT

O proxecto define as actuacións necesarias para mellorar o estado de conservación do firme, mediante reparacións localizadas en treitos puntuais das citadas estradas.

Na estrada AC-250, ao seu paso polo Concello de Santiago, prevese a mellora do firme con distintas solucións como o fresado e reposición, segundo a necesidade de cada subtreito. Actuarase ao longo dunha lonxitude total de 6,25 quilómetros.

Na estrada AC-960, nos Concellos de Santiago, Boqueixón e Touro, rehabilitarase o firme naqueles tramos da vía que o precisen, sumando un total de 17 km obxecto da actuación. Ademais, instalarase entre os PKs 0+380 e 0+530 unha tubaxe para mellora da drenaxe, evitando as acumulacións de auga que se veñen producindo nesta zona.

A Xunta de Galicia, mediante este tipo de obras, continúa apostando pola conservación axeitada da rede viaria autonómica, proporcionado así aos cidadáns unhas estradas seguras e cómodas.

20 de abril de 2016 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.