A Xunta inicia o reforzo da sinalización dos enlaces da autovía do Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as actuacións de reforzo da sinalización dos enlaces da autovía da Barbanza coa fin de resaltar de xeito máis perceptible os dous sentidos de circulación, incrementando a seguridade viaria e evitando entradas en sentido contrario.

Na xornada de hoxe comezarase coa colocación da sinalización vertical, actuacións coordinadas previamente coa Dirección General de Tráfico. Este proxecto contempla a instalación de 46 novas sinais de entrada prohibida e 10 de cesión de paso, así como a recolocación de 3 sinais de paso obrigatorio.

Estas actuacións de reforzo da sinalización nesta autovía tamén proxectan o aumento de sinais horizontais e balizamento, que se levará a cabo cando a climatoloxía sexa a axeitada para acadar unha óptima conservación.

O Goberno galego segue a traballar no mantemento e mellora da rede viaria autonómica para proporcionarlles aos usuarios unhas infraestruturas cómodas e seguras.

11 de abril de 2016 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.