publicidade hoxe

A Xunta colabora na mellora da seguridade viaria en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Palas de Rei

Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Palas de Rei

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo unha reunión co alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboda, onde se asinou un convenio para mellorar a seguridade viaria dos accesos ao Centro de Día e ao Cuartel da Garda Civil desta vila lucense, actuacións na que se investirán máis de 58.000 euros, e que o Goberno galego financiará ao 100 %, mentres que a Administración local executará as obras.

A actuación comprometida pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), departamento dependente da Consellería que dirixe Ethel Vázquez, suporá unha importante mellora da vía, de titularidade municipal, que serve de acceso ao centro de día e ao cuartel da Garda Civil mediante a súa pavimentación, a execución de beirarrúas e a colocación de alumeado público, o que suporá un incremento na seguridade vial dos usuarios.

Pola súa banda, o municipio lucense será o encargado de elaborar o documento técnico e a contratación e execución das obras, ademais da dirección, control e recepción das obras.

Neste momento, o Concello xa elaborou o proxecto para ditas actuacións, que inclúen a execución de beirarrúas de 1 metro de ancho; a pavimentación con formigón na vía; e a instalación de 4 báculos para a iluminación.

6 de abril de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.