A Xunta adxudica unha vivenda en réxime de alugueiro social en Ourense a unha familia en risco de exclusión social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de adxudicar unha nova vivenda en réxime de alugueiro social na cidade de Ourense a unha familia cun fillo menor en risco de exclusión social. A Comisión Provincial de Vivenda de Ourense estudou o caso nunha das súas últimas reunións e propuxo a adxudicación directa da vivenda, ratificada pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

O inmoble foi cedido por Abanca ao Instituto Galego da Vivenda e Solo en virtude do convenio asindo o pasado verán, en virtude do cal a entidade de crédito se comprometeu a cederlle á Administración autonómica 100 vivendas desocupadas para destinar a alugueiros sociais. Así mesmo, a entidade crediticia comprometeuse a non executar desafiuzamentos por procesos de execución hipotecaria e facilitar que os afectados puidesen permanecer na vivenda a través dun arrendamento social, apoiado pola Xunta.

O pasado mes de marzo a mesma Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra propuxo a adxudicación doutra vivenda, tamén cedida por Abanca no concello da Cañiza, a unha familia en situación de exclusión social. Por outra parte, asináronse os contratos de dúas vivendas adxudicadas en réxime de alugueiro social no concello de Vigo. Un destes inmobles foi cedido pola Sareb á Xunta e a outra é unha vivenda de promoción pública propiedade da Xunta.

14 de abril de 2016 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.