A Xunta adxudica cinco vivendas de promoción pública en Santiago a familias con necesidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, adxudicou provisionalmente, na reunión desta semana, cinco vivendas de promoción pública no concello de Santiago de Compostela, emprazadas nos barrios da Almáciga, Salgueiriños e Fontiñas.

Estas vivendas de promoción pública, que xa foran adxudicadas con anterioridade, foron recuperadas polo Instituto Galego de Infraestruturas (IGVS) tras a renuncia dos adxudicatarios iniciais.

O Goberno galego comunicará a adxudicación, realizada a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, aos adxudicatarios, que terán que indicar a súa aceptación da vivenda que lles corresponde e das condicións de adxudicación.

7 de abril de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.