A Fiscalía pide 8 anos de cárcere para un acusado de abusos sexuais ao seu sobriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

A Fiscalía pide unha condena de 8 anos de prisión para un home ao que acusa de abusos sexuais continuados ao seu sobriño, que no momento dos feitos tiña 12 anos de idade. O xuízo por estes feitos celebrarase o próximo mércores, día 27, na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Tal e como consta no escrito de cualificación da Fiscalía, entre os meses de xullo e agosto do ano 2006 o menor, que nese momento tiña 12 anos, foi a pasar o verán á vivenda familiar na que o seu tío vivía coa súa nai.

Durante eses meses, ambos os dous entaboaron unha relación que, segundo o Ministerio Público, derivou en “diversos encontros sexuais”, que tiveron lugar tanto na residencia familiar como, nalgunha ocasión, na praia.

Por estes feitos, acusa o home, de iniciais J.M., dun delito continuado de abusos sexuais con penetración e pide que sexa condenado a unha pena de 8 anos de cárcere. Ademais, solicita que se lle prohiba achegarse ao menor durante un período de 6 anos e o indemnice coa cantidade de 7.000 euros.

22 de abril de 2016 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.