publicidade hoxe

A directora xeral de Infancia reitera o seu compromiso coa Afesín durante a súa visita á sede

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, mantivo unha reunión de traballo con representantes da Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra (AFESÍN), no que a entidade trasladou as inquedanzas que afectan ás escolas que representa.

No encontro, Amparo González, reiterou o seu apoio á asociación, o que comprende a maior visibilidade destas escolas na páxina web da Xunta de Galicia, e cumpría así o compromiso adquirido con AFESÍN no pasado mes de marzo de visitar a sede da asociación para escoitar as demandas das persoas asociadas.

Cómpre destacar que, por primeira vez desde o ano 2009, se incrementou o orzamento destinado ás axudas para o mantemento destas escolas infantís 0-3, acadando os 3.067.822 euros, o que supón un aumento do 2% con respecto ao ano 2015. Estas achegas teñen como finalidade sufragar custos de persoal, gastos de alimentación ou outros gastos xerais de mantemento do centro. A axuda anual para gastos de mantemento calcularase en función do número de unidades en funcionamento autorizadas da escola infantil 0-3 e da prestación do servizo de comedor. Así, nos centros con servizo de comedor, a contía anual será de 18.873 euros para centros que teñan de 1 a 3 unidades; 18.011 euros para centros que teñan de 4 a 6 unidades; 17.149 euros para centros con 7 ou máis unidades; e por último, 15.340 euros para aqueles centros sen servizo de comedor.

Fomento da conciliación

O Goberno Autonómico exerce as políticas autonómicas en materia de acción social de apoio á familia e infancia, así como, as de promover e adoptar as medidas que aseguren a conciliación do traballo e da vida persoal e familiar.

A ampliación e mellora na calidade das escolas infantís 0-3 como recurso educativo, que contribúe á conciliación da vida laboral, persoal e familiar das familias galegas é un dos obxectivos da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Por elo, no vindeiro curso 2016-2017 se chegará a un total de 22.316 prazas de gardería sostidas con fondos públicos. Isto supón 1.871 novas prazas, é dicir, un 9% máis de prazas que no curso actual, o que fará que Galicia ofreza unha ratio de cobertura do 37,3%, superando a recomendada pola UE, que se sitúano.

13 de abril de 2016 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.