A Deputación destina 188.234 euros ás obras de reurbanización de beirarrúas en Carral
Deputación da Coruña adxudicou, por importe de 188.234,84 euros, as obras de reurbanización e mellora da seguridade vial da DP1704, entre os puntos quilométricos 10+480 e 11+310, que corresponde á travesía de Coiro, no concello de Carral.
A beirarrúa existente na actualidade está deteriorada en gran parte do tramo, conta con en diversas zonas non conta coa anchura suficiente, o que ocasiona a invasión da calzada por parte dos peóns que transitan por ela.
A empresa Excavaciones y Obras Marcos encargarase de realización das obras de reurbanización e mellora da seguridade, que consisten no aumento o ancho das beirarrúas en diversos tramos co obxecto de mellorar a seguridade dos peóns e cumprir coa lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
A travesía, no tramo urbano de Carral, quedará configurada cunha calzada de 7 metros de ancho e beirarrúaas en ambas marxes de 2 metros de anchura. Cambiarase o pavemento e o bordo, que delimitará a zona de uso peonil. Asimesmo, pintaranse as liñas da calzada e a sinalización vertical e realizarase unha canalización de formigón para a futura instalación de alumeado público.
O prazo de execución dos traballos é de catro meses.
Nova senda peonil en Vilasantar
A Deputación adxudicou tamén á empresa Eulogio Vidal Obras y Construcciones o proxecto de construción dunha senda peonil na DP-3204 entre a rúa Monolito e Fonte Camba, no concello de Vilasantar, na que se investirán 65.014 euros.
As obras contemplan a execución dunha senda peonil de 540 metros de lonxitude e novas redes de servizos baixo o seu trazado (pluviais e saneamento) nun tramo cunha notable intensidade de tráfico que actualmente non conta con ningún tipo de andén, beirarrúa ou plataforma que permita o tránsito peonil.
Os traballos desenvolveranse nun prazo de dous meses.