A Deputación de Pontevedra colabora na obra homenaxe ao profesor doutor Rodríguez Ennes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo entrega esta mañá do libro homenaxe ao Profesor- Doctor Luis Rodríguez Ennes, cuxas labores de maquetación e impresión foron realizadas pola imprenta provincial, con motivo do seu septuaxésimo aniversario.

O libro , titulado “VARIA STUDIA. Libro homenaxe al Profesor-Doctor Luis Rodríguez Ennes con ocasión de suseptuagésimo aniversario” recolle setenta traballos de compañeiros, discípulos e amigos como forma de recoñecemento ao seu maxisterio ao longo dos últimos anos.

Rodríguez Ennes é decano da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo e catedrático de Dereito Romano. Ao longo da súa traxectoria escribiu 17 libros e máis de 200 publicacións científicas. “Grazas a presidenta e a Deputación pola súa predisposición e bo traballo, grazas a eles esta obra puido ver a luz” dixo no marco da entrega.

Pola súa banda, a presidenta da deputación, Carmela Silva, destacou a importancia do acto pois “a publicación dun libro de tal valor académico é en se mesmo importante. O coñecemento permite o avance da sociedade”. Neste senso, fixo especial fincapé na necesidade de que “as administración públicas deben apostar pola difusión do coñecemento e do recoñecemento”.

Entre os asistentes ao acto destacan o Doutor Modesto Barcia Lago e a Doutora Margarita Fuenteseca, directores da obra, e o Doutor Franco Musemeci.

22 de abril de 2016 | 14:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.