A Deputación de Lugo crea novos empregos en Baralla, A Fonsagrada, Lugo, A Pobra do Brollón, O Páramo, A Pastoriza e Samos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Xunta de Goberno aprobou a creación de 9 postos de traballos en 7 Concellos da provincia. Concretamente son:

Baralla, un peón agrogandeiro; Lugo, asistente en ordenación e Six, maquetador e desarollador de contidos didácticos online; A Fonsagrada, carpinteiro; A Pobra do Brollón, peón agrogandeiro. A contratación destes 5 postos de traballo para desempregados lucenses foron resoltos na sesión de hoxe. Lugo, un dinamizador comunitario e A Pastoriza, un peón agrogandeiro. O prazo de solicitude de 10 días para estes empregos abrirase o luns na Bolsa de Emprego da Deputación. O Páramo, un axudante de panadería; e Samos, un axudante de cociña. Nos vindeiros días, estes postos de traballo tamén se publicarán en dita bolsa en www.deputacionlugo.gal

20 millóns para emprego

Estes 9 novos empregos engádense aos máis de 500 que xa se crearon a través do Ben Empregado. Ao longo deste ano, a Deputación seguirá xerando máis postos de traballo nos 67 Concellos da provincia ao abeiro desta programación, dotada de 10,5 millóns de euros; con outros 2 millóns, que foi capaz de captar da UE, para o LUGOWORK, que dará emprego a un mínimo de 300 mozos lucenses no paro; con 525.000 euros para a posta en marcha do primeiro Centro de Recría de Gando Vacún Público en España, que xerará 20 postos de traballo de xeito directo; ou con 363.300 para o funcionamento das 6 residencias públicas para as que será necesario contratatar a un mínimo de 60 profesionais.

Servizos para o fomento do emprego

O voceiro socialista informou sobre os servizos postos en marcha para o fomento do emprego:
– Bolsa de Emprego da Deputación: hai rexistradas máis de 1.900 persoas como demandantes de emprego.
– Servizo de Orientación Laboral: atendéronse a 271 persoas (195 de xeito presencial e 76 online). O tempo medio de atención é de 90 a 120 minutos.
– Carta de Servizos a Entidades: rexistráronse máis de 66 peticións de información e asesoramento.

Canon Hidrográfico no Páramo

A Xunta de Goberno aprobou novas obras no Páramo con cargo ao Canon. Trátase do acondicionamento de accesos a San Vicente, Quintela e Pinte, cun importe total de 82.000 euros. Con este investimento, liquídase esta débeda ao que se achegou un total de 228.000 euros para melloras nas prestacións públicas municipais.

1 de abril de 2016 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.