A Deputación da Coruña impulsa programas de envellecemento activo en 85 concellos da provincia
Un total de 85 concellos da provincia da Coruña contarán durante o ano 2016 con programas de envellecemento activo destinados ás persoas maiores grazas ao apoio económico da Deputación da Coruña, que destina un 258.000 euros a financiar este programa.
Os concellos beneficiarios, que percibirán 3.000 euros cada un ( a excepción de Oza-Cesuras, que percibirá 6.000 € como concello resultante da fusión de dous municipios) son A Baña, A Capela, A Coruña, Laracha, A Pobra do Caramiñal, As Pontes, Somozas, Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Fisterra, Frades, Irixoa, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mañón, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, rois, Sada, San Sadurniño, Santa comba, Santiago, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Zas, O Pino e Oza-Cesuras.
Con este programa, a Deputación pretende apoiar aos concellos na creación ou mantemento de actividades enfocadas a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores, promovendo actuacións destinadas a evitar o seu deterioro físico e psíquico e evitando procesos de illamento e exclusión social.
Entre as múltiples actividades incluidas nos propostas municipais figuran programas de estimulación cognitiva, ximnasia ou musicoterapia; cursos e accións formativas destinadas aos maiores que promovan espazos de encontro e programas de convivencia interxeneracional, como escolas de avós, ou obradoiros de recuperación de xogos tradicionais e de recuperación da memoria histórica da zona.











