A Deputación da Coruña colabora coa Liga Reumatolóxica Galega nun programa terapeútico de fomento da autonomía persoal
A Deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero, Ánxela Franco, asinouun convenio coa Liga Reumatolóxica Galega para o financiamento dun programa terapeútico do fomento da autonomía persoal.
A Deputación da Coruña colaborará coa Liga Reumatolóxica Galega no desenvolvemento dun programa terapéutico que ten como obxectivo fomentar a autonomía persoal por medio dun convenio que asinou este mércores a deputada responsábel da área de Servizos Sociais, a nacionalista Ánxela Franco.
As liñas de actuación do proxecto céntranse en sesións de rehabilitación psicolóxica, un programa regular de terapia ocupacional, iniciativas de formación e capacitación no emprego, asesoramento sobre ortesis, férulas e axudas técnicas nos domicilios para favorecer a autonomía persoal, unhas xornadas galegas de terapia ocupacional, talleres de arteterapia e talleres de cronogramas ocupacionais.
A Deputación achega 8.000 euros para o seu financiamento dun orzamento total de 22.277, o que significa un 35,205 da actividade promovida pola Liga Reumatolóxica que completa o importe do programa con recursos propios.
A Liga Reumatolóxica Galega naceu hai 20 anos na Coruña e ten entre os seus obxectivos a sensibilización a respecto da importancia dos reumatismos, promover a autonomía persoal de quen padece estas doenzas e favorecer a investigación sobre as causas deste tipo de patoloxías e sobre novos tratamentos para combatilas.











