publicidade hoxe

A conselleira de Infraestruturas destaca destaca o investimento de 100.000 euros en obras de mellora na estrada na PO-841

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+
Ethel Vázquez na visita ás obras

Ethel Vázquez na visita ás obras

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou un investimento de máis de 100.000 euros na mellora de seguridade viaria das estradas que van da Estrada cara Pontevea (PO-841) e na que une Miradoiro con O Formigueiro (PO-505), dando acceso á autoestrada AP-53.

Vázquez, xunto co alcalde da Estrada, José López, supervisou hoxe os traballos de mellora da seguridade viaria iniciados a pasada semana na estrada que vai cara a Pontevea (PO-841), unhas obras cuxos avances permitirán a súa finalización para antes do remate do curso escolar.

A Xunta financia estas actuacións mediante a achega dun investimento de máis de 60.000 euros. Os traballos consisten en habilitar aparcadoiros, favorecendo o acceso tanto ao CEIP da Figueiroa como á gardería que se atopan nas inmediacións; na construción de beirarrúas novas, con sumidoiros e conexións á rede existente; e na pavimentación e sinalización axeitada.

A conselleira subliña que se trata dunha actuación de grande importancia para a mellora da seguridade viaria nun punto da estrada que rexistra un fluxo constante de vehículos e peóns e a presenza da zona escolar.

Por outra banda, Ethel Vázquez tamén explicou que atendendo á solicitude trasladada polo alcalde, vaise acometer un reforzo de firme na estrada que une Miradoiro con O Formigueiro (PO-505), que dá acceso á AP-53.

Este proxecto contempla o estendido dunha capa de rodadura no trazado antigo da vía, ao longo de aproximadamente un quilómetro. A conselleira precisou que esta obra, que contará cun orzamento aproximado de 48.000 euros xa está adxudicada, polo que se prevé iniciar os traballos en vindeiras datas, en canto a meteoroloxía sexa favorable.

5 de abril de 2016 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.