publicidade hoxe

Xunta e Concello de Oia colaboran para adaptar o PXOM en trámite á nova Lei do solo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOia
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión coa alcaldesa de Oia. Foto: C. Paz

Encarnación Rivas na reunión coa alcaldesa de Oia. Foto: C. Paz

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas recibiu á alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, co fin de tratar a adaptación do PXOM en trámite á nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

A alcaldesa trasladou a decisión municipal de non someter o PXOM á consideración do pleno para a súa aprobación inicial antes da entrada en vigor, o pasado día 19 de marzo, da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia, o que se traduce en que retomarán o traballo feito ata o momento, corrixindo os erros detectados e dándolle un novo impulso para que sexa unha realidade durante o actual mandato municipal.

A secretaria xeral, Encarnación Rivas, comunicou que a nova lei 2/2016 do Solo de Galicia, simplifica e axiliza a tramitación dos novos PXOMs ao unificar o procedemento urbanístico co ambiental, e ao reducir de 2 meses a un o prazo do que dispón o Instituto de Estudos do Territorio para facilitar a documentación que soliciten os concellos para redactar o PXOM.

Rivas Díaz, tamén destacou que agora o informe previo á aprobación inicial que emite a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo convértese nunha consulta máis dentro da fase tramitación ambiental, o que axiliza considerablemente os tempos ao concentrar as dúas vías que antes discorrían paralelas (ambiental e urbanística) nun único procedemento.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este documento que planificará o desenvolvemento do concello do Baixo Miño, para o cal concedeu axudas por importe de preto de 130.000 euros.

23 de marzo de 2016 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.