Unha muller ferida tras impactar co seu coche contra un farol en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este luns a unha muller que resultou ferida por mor dun accidente en Ferrol, segundo informa o 112. O sinistro produciuse ás 16,00 horas deste luns na confluencia das rúas Vicente Risco e Otero Pedrayo. Segundo relataron persoas que chamaron ao 112, o coche saíuse da vía e impactou contra un farol.

Aseguraron que a muller perdera a consciencia e, a continuación, o 112 informou ao servizo médico. Tamén foron avisados os bombeiros da cidade, que confirmaron que a muller estaba liberada e accesible.

14 de marzo de 2016 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.