Un lume calcina un guindastre e os tres vehículos que transportaba en Cambre
Un camión guindastre que circulaba pola A-6 ao seu paso polo concello coruñés de Cambre sufriu un incendio a última hora deste martes que calcinou por completo o vehículo e os tres turismos que transportaba.
Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 19,30 horas deste martes no quilómetro 583 da A-6, en dirección a Arteixo.
Até o lugar do suceso acudiron os Bombeiros de Arteixo, que sufocaron o lume media hora despois. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais, aínda que o suceso ocasionou importantes retencións de tráfico.