Tres afectados por inhalación de fume tras arder unha pota en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilagarcía de Arousa
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios atenderon na madrugada deste martes en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) a tres persoas que resultaron afectadas por inhalación de fume tras rexistrarse un incendio nunha pota.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, a alerta recibiuse sobre as 4.30 horas da madrugada deste martes, cando un veciño alertou de que nun piso da Avenida de Cambados había moito fume.

Ata o lugar mobilizáronse os Bombeiros de Vilagarcía que, unha vez na vivenda, confirmaron que ardera unicamente unha pota, que xa fora sufocada polo propietario do piso. Tamén participaron no operativo a Policía Local, a Nacional e os membros do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía. O 061 prestou asistencia a tres persoas.

29 de marzo de 2016 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.