Os institutos da provincia da Coruña acollerán un ciclo de charlas para conmemorar o 30 aniversario da incorporación de España á UE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O servizo Europe Direct da Deputación da Coruña organiza, entre os meses de marzo e xuño, un ciclo de charlas nos institutos de ensino público da provincia co obxectivo de explicar aos estudantes as repercusións que tivo para España a súa incorporación á Unión Europea, hai agora 30 anos.

As conferencias, parte das cales se desenvolverán en inglés, incluirán unha presentación multimedia e abordarán os diferentes aspectos nos que incidiu na vida social, política e económica dos españois a incorporación de España á UE e están destinadas a mozos e mozas de entre 13 e 18 anos (dende 2º de ESO a 2º de Bacharelato).

Os centros educativos interesados en participar nestas eurocharlas poden solicitalas, con carácter gratuíto, a través de europedirect@dacoruna.gal.
Ata o momento catro centros educativos sumáronse xa ao proxecto: os IES de Fene, Hijas de Cristo Rey (Oleiros), IES Ferrol Vello e Dominicos (A Coruña), cun total de 672 alumnos inscritos nas charlas.

2 de marzo de 2016 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.