O presidente da Deputación da Coruña espera que a perda de Besteiro non sexa para sempre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, o socialista Valentín González Formoso, confía en que a “perda” de José Ramón Gómez Besteiro, investigado no marco das operacións Garañón e Pulpo, non sexa “para sempre”, xa que sería “irreparable” para o PSOE.

“Non se pode negar que é un varapalo importante para nós, tanto no persoal, orgánico e político”, respondeu, a preguntas dos xornalistas, na inauguración da nova sede de Down Coruña, onde á súa chegada se lle preguntou pola dimisión de Besteiro como líder os socialistas galegos.

“É unha perdida que espero que sexa temporal, que non sexa para sempre. Sería unha perda irreparable para o Partido Socialista e, polo tanto, tamén para Galicia”, dixo González Formoso.

Preguntado por as próximas primarias, o presidente da Deputación apuntou que “os tempos os marcará a xestora do partido”, aínda que opina que se terá en conta as próximas eleccións autonómicas. “Terá os deberes feitos canto antes para poder presentarnos con forza a un proceso de eleccións tan importante”, concluíu.

21 de marzo de 2016 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.