O mal tempo obriga a desviar un voo dende A Coruña a Lavacolla
O mal tempo e a falta de visibilidade obrigou a desviar na mañá deste mércores un avión con destino a Coruña, que aterrou finalmente en Santiago de Compostela. Segundo informaron fontes de Aena, o voo afectado é un enlace da compañía Air Europa con orixe en Madrid e destino o aeroporto coruñés de Alvedro. Dadas as malas condicións meteorolóxicas na zona, o avión, que debía tomar terra ás 11.20 horas na Coruña, foi desviado e aterrou en Lavacolla.











