publicidade hoxe

O letrado do octoxenario que atropelou a varios ciclistas na Guarda nega exceso de velocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

O avogado do home de 87 anos que o pasado sábado atropelou un pelotón de ciclistas na Guarda (Pontevedra), accidente que se saldou cun morto e sete feridos, afirmou este xoves que o ancián “en absoluto” circulaba con exceso de velocidade e, de feito, “nin sequera se lle preguntou por ese tema” cando declarou ante a Garda Civil.

“Podo negalo rotundamente”, insistiu o letrado previamente á comparecencia do octoxenario prevista na mañá deste xoves ante a xuíza de instrución número tres de Tui, onde trasladou aos xornalistas que o home renovou o carné de conducir a última semana de febreiro e tivo todo “apto” e “perfectamente en regra”.

O avogado tamén dixo que non hai constancia nin comunicación oficial de que se lle vaia revisar o permiso de circulación. Adicionalmente, manifestou que, tras os feitos, o home marchou ao lugar “máis próximo que atopou” onde había un teléfono e podía avisar aos efectivos de Emerxencias.

17 de marzo de 2016 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.