O grupo socialista da Coruña confirma as dimisións en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O secretario provincial do PSOE coruñés e alcalde de Culleredo (A Coruña), Julio Sancristán, confirmou as dimisións no PSOE de Ferrol, pero considerou que é algo “normal nun partido político” e non ve un “problema”.

A preguntas dos xornalistas, dixo que non hai que ver “como unha cousa extraordinaria que, nun momento determinado, haxa persoas que senten que o seu traballo no órgano que están non ten o eco que quererían ter ou ven discrepancias”.

“Non vexo ningún problema”, insistiu Sancristán, para quen hai que ver “con naturalidade” as dimisións nesta agrupación, entre elas, a do secretario de Organización, José Luis Gómez Cobelo.

Ademais, Sacristán incidiu en que, no PSOE, cando se discrepa, “se di”. “Outros cálano”, apostilou. Mentres, recalcou que nestas cuestións a secretaria provincial do PSOE coruñés non intervén, para respectar “a autonomía” das agrupacións locais.

2 de marzo de 2016 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.