publicidade hoxe

O conselleiro de Sanidade recepciona as obras de construción do centro de saúde de Buño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recepcionou hoxe a obra do centro de saúde de Buño, no concello coruñés de Malpica, unhas instalacións completamente novas que, unha vez en funcionamento, poderán atender a unha poboación ao redor de 1.600 persoas.

O edificio -cofinanciado nun 50% por fondos do Estado, dentro do Plan de Desenvolvemento Rural Sustentable- ten un importe de 624.000 euros, e a superficie que se construíu é de 524 metros cadrados. Contará cunha área médica, con dúas consultas de medicina de familia; unha consulta de enfermería e unha sala polivante; ademais dunha área de administración cun arquivo, almacéns e outros servizos comúns, necesarios para o correcto funcionamento do centro.

A obra de construción comezou no mes de febreiro do pasado ano, coa formalización da acta de comprobación de replanteo.

Esta intervención enmárcase nunha das liñas da Estratexia Sergas, como é modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria. O obxectivo da Xunta de Galicia é facelo de xeito sostible e mellorar tanto a asistencia prestada á cidadanía como o contorno de traballo dos profesionais.

4 de marzo de 2016 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.