O Concello de Lugo recorrerá a sentenza que anula parte da ordenanza do galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, anunciou este venres que o Concello recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula parte da ordenanza do galego, dando por bo o recurso presentado pola asociación Galicia Bilingüe sobre 20 artigos dos 26 da normativa.

“Imos recorrer esa sentenza porque entendemos que foi un acordo unánime, un acordo en defensa do galego”, deixou claro Méndez, baseándose na unanimidade que suscitou a norma nun pleno de 2012, co voto afirmativo do PSOE, BNG e PP.

Lara Méndez admitiu que “pode entenderse que hai unha discriminación positiva cara ao galego”, aínda que lembrou que “cando un trata de corrixir unha desigualdade é cando fai esa discriminación positiva, como se fai noutras vertentes”.

Así, apoiou esa “discriminación positiva” porque “os datos así o reflicten, e confirman que tres de cada catro nenos son castelán parlantes” e que “a maioría dos que falan en galego son maiores de cincuenta anos”, co que se ve unha progresión de envellecemento do idioma que hai que tentar evitar con medidas correctivas para paliar esta situación”.

“Nós sempre defendemos que somos bilingües, que temos dous idiomas e que un está en detrimento do outro e ese é o galego e non o castelán, como insinúa algunha forza política”, defendeu.

CORTES DE LUZ

Polo demais, a alcaldesa de Lugo desligou un apagamento este xoves na cidade, entre as 17.00 e as 18.00 horas, aos problemas de pagos ás compañías eléctricas. “En absoluto”, resolveu.

Lara Méndez tamén sufriu eses cortes de luz cando se atopaba no consistorio e confesou que se puxeron en “alerta para dar solución” á situación. O apagamento, que non se prolongou máis aló de vinte minutos, afectou a “9.500 persoas”, dixo.

4 de marzo de 2016 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.