O alcalde de Santiago dubida da independencia da xustiza tras a investigación a Joan Ribó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, de Compostela Aberta, afirmou que a investigación ao rexedor de Valencia, Joan Ribó (Compromís), polos gastos do cume das autodenominadas cidades rebeldes, xéralle dúbidas sobre a independencia do poder xudicial respecto do poder político”.

E é que, segundo destacou a preguntas dos xornalistas sobre este asunto, prodúcese nun momento no que “isto parece que é unha polémica interesada” porque “chega meses despois”.

Ademais, Noriega interpreta como “unha broma de mal gusto” esta investigación, “dada a situación que existe na Comunidade Valencia de corrupción estrutural”.

Respecto diso, esperou que a liña que tenta “abrirse” agora “quede en nada”, e defendeu “o que foi un encontro institucional”. De feito, reivindicou que, pola “reacción do resto de grupos da corporación”, Compostela Aberta “asumiu” os custos “cos seus recursos”.

“PERFIL INSTITUCIONAL DA REUNIÓN”

Pero, segundo explicou, esta formación ten recursos que proveñen de financiamento público, aínda que “son do grupo municipal”. O feito, subliñou, é que os gastos “non os asumiu a institución”.

“Eu fixen iso para sacar o debate dun lugar que me parecía pobre, sobre todo cando estiveron representantes institucionais das principais cidades do estado. E se defendín o perfil institucional da reunión”, incidiu.

Con todo, reiterou que “dada a reacción naquel momento en concreto do PSOE” tomou “a decisión de maneira unilateral de que Compostela Aberta asumise os custos do que foi unha recepción como as moitas que hai na cidade ao longo do ano, por diversos motivos e por diversos representantes institucionais”.

10 de marzo de 2016 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.