Noriega móstrase optimista ante o pleno de orzamentos municipais deste martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), mostrouse “optimista” ante o pleno de presupostos municipais que terá lugar este martes, a partir das 16,30 horas, e reivindicou que se tratou de incorporar as propostas da oposición.

En declaracións aos medios, Noriega indicou que nas últimas horas non houbo ningunha conversación cos demais grupos, porque “máis alá da cordialidade, hai pouco que conversar”. Neste sentido, recordou que xa houbo “incorporacións dos grupos, vontade de incorporar emendas”.

“Entendemos que por parte do grupo de goberno se fixo un traballo que intentou mesturar un proxecto de presupostos do grupo co feito de non ter maioría e incluír propostas de outros. Con esa vontade de desbloquear os presupostos”, resaltou o rexedor compostelano, quen augurou “emoción ata o final” no que se refire á votación.

De tódolos xeitos, mostrouse “optimista” con respecto á posición dos diferentes grupos, “máis alá da escenificación”. Ademais, manifestou que non sabe por que non “saíron satisfeitos, porque o grao de aceptación” das propostas da oposición “foi elevado”.

“Houbo vontade de chegar a acordo e houbo vontade de incorporar emendas dos diferentes grupos. Chegou o momento de que os grupos fixen posición”, remachou a un día de que se voten os presupostos de Santiago de Compostela.

14 de marzo de 2016 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.