Noriega insiste en que hai vimbios para un Goberno de cambio e articulado dende da esquerda
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), insistiu en que hai “vimbios para que haxa un Goberno de cambio e un goberno articulado baseándose nunha esquerda plural e a un novo marco no conxunto do Estado”.
“O que pasa é que non sei en qué momento estamos do minuto e resultado do partido e tampouco sei cál é a posición na dinámica do acordo con Ciudadanos, que creo que dificulta a posibilidade de que haxa un verdadeiro goberno de cambio”, respondeu, a preguntas dos xornalistas, tras a reunión entre os líderes do PSOE e de Podemos, Pedro Sánchez e Pablo Iglesias, respectivamente.
Con todo, Noriega non entrou a pronunciarse sobre o anuncio concreto feito por Pablo Iglesias sobre apartarse para facilitar un Goberno de coalición e se iso supoñía un avance, ao respecto do que considerou que a iso debe responder o propio secretario xeral da formación morada.
Por outro lado, preguntado por qué papel considera que debería xogar a agrupación parlamentaria de En Marea -que forma parte do grupo confederal no están xunto a Podemos e En Comú-, Noriega considerou que “debería actuar, evidentemente, con soberanía, en defensa dos intereses dos galegos, entendendo que eses intereses están conectados con outras partes do Estado, pero que teñen un peso específico”.
“E non teño dúbida de que En Marea fixará a súa posición propia”, aseverou en declaracións aos medios, despois de reunirse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na área de goberno do Parlamento de Galicia, onde se desenvolve a sesión plenaria.











