Marisol Díaz Mouteira reúnese co presidente da Asociación de Comerciantes de San Francisco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Marisol Díaz Mouteira na reunión con José Antonio Viñas

Marisol Díaz Mouteira na reunión con José Antonio Viñas

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Asociación de empresarios e comerciantes de San Francisco, José Antonio Viñas. Esta asociación, de recente creación, busca por en valor a ampla oferta comercial coa que contan as rúas deste barrio ourensán e que os comerciantes asociados podan mellorar a súa competitividade e xeren riqueza.

Viñas expúxolle á máxima representante da Xunta en Ourense os proxectos e obxectivos do novo colectivo, que aspira a converterse en centro comercial aberto. Así, destacou a creación dunha central de compras para conseguir mellores prezos nos produtos e a sinatura de convenios con entidades financeiras para acadar óptimas condicións deste tipo de cara a crear, ampliar e mellorar os establecementos comerciais do barrio.

Díaz Mouteira, quen aplaudiu a iniciativa, subliñou o traballo que desenvolven as asociacións de comerciantes na dinamización do sector. Do mesmo xeito, a delegada territorial animou ao responsable desta nova asociación a traballar para promocionar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.

Ambos os dous analizaron liñas de cooperación para favorecer a actividade empresarial e comercial. A delegada da Xunta resaltou, ademais dos diferentes programas de axudas da Xunta para apoiar as pemes e os autónomos, o impulso específico ao sector comercial que desenvolve a Consellería de Economía, Emprego e Industria, que no que levamos de ano activou programas de axudas centrados no comercio galego que suman 5,6 millóns de euros.

14 de marzo de 2016 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.