Lara Méndez ve que o presidente da Deputación da Coruña pode ser unha opción para o PSdeG

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+
Europa Press

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, suxeriu este mércores que o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, “pode ser unha opción” de cara ás primarias que o PSdeG celebrará antes do mes de xuño para elixir o seu candidato á Xunta.

Así o dixo despois de que o diario ‘La Voz de Galicia’ publicase que o xulgado de Ferrol que investigaba ao tamén alcalde das Pontes de García Rodríguez ditara o sobresemento libre e o arquivo das dilixencias abertas pola concesión dunha subvención de 200.000 euros a club de fútbol da localidade.

“Valentín pode ser unha opción, evidentemente. Hoxe espertabamos con esa boa noticia da súa desimputación”, respondeu a rexedora aos xornalistas. Ao fío diso, volveu pedir “celeridade na Xustiza para que non poida afectar, como está a afectar en moitos casos de forma moi directa, a persoas na súa carreira política”.

Máis alá de González Formoso, Méndez puntualizou que no PSdeG “hai banco, con moitos compañeiros válidos que poderían ser o candidato á Presidencia da Xunta”.

Estas declaracións da primeira edil de Lugo prodúcense dúas semanas despois de que o propio González Formoso se autodescartase como posible candidato do PSOE á presidencia da Xunta, pois -dixo- o seu “compromiso” limítase ao seu concello e á Diputaciónde da Coruña.

30 de marzo de 2016 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.