José Manuel Barreiro reclama á Deputación de Lugo toda a colaboración coa xustiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

O voceiro do Partido Popular no Senado, José Manuel Barreiro, reclamou, ante a ‘Operación Pulpo’ que investiga operacións relativas á Deputación de Lugo, “toda a colaboración coa xustiza”.

“Eu creo que con este tipo de actuacións un debe de ser respectuoso coa actuación da xustiza”, reflexionou. Dito isto, apelou a que se ofreza dende o organismo provincial “toda a colaboración coa propia xustiza” e polo tanto insistiu en que, pola súa banda, opta por “esperar”, a ver “que é o que se desprende dese tipo de actuacións”.

“En principio, como en todos os casos, hai que ser respectuosos co principio de presunción de independencia e co principio de independencia da xustiza”, razoou.

“Obviamente a xuíza, imaxínome, cando leva este tipo de investigacións é que terá indicios que lle levan a esta investigación e polo tanto respecto total e colaboración por parte da Deputación coa xustiza”, sinalou.

Estas declaracións fíxoas despois de participar nunha concentración silenciosa ante a subdelegación del Gobierno en Lugo para condenar os atentados de Bruxelas.

23 de marzo de 2016 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.