Íñigo Errejón participará esta fin de semana nunhas xornadas sobre o 15M en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Europa Press

O número dous de Podemos, Íñigo Errejón, participará este sábado 12 de marzo nunhas xornadas sobre o 15-M en Pontevedra nas que tamén está previsto que interveñan as deputadas de En Marea Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o portavoz de Marea de Pontevedra, Luís Rei.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes, o coordinador de Marea Pontevedra, Xan Hermida, informou de que estas xornadas terán lugar no edificio sindical baixo o título ‘Das prazas ás institucións, o cambio avanza contigo’.

Estas xornadas queren servir como punto de encontro para reflexionar conxuntamente sobre o camiño percorrido e as perspectivas de traballo futuro.

O secretario político de Podemos participará o sábado na mesa de clausura que leva por título ‘Patear o taboleiro galego para devolverllo á súa xente’ e ademais de Errejón formarán parte deste debate o escritor e portavoz de Marea Pontevedra Luís Rei, o escritor Antón Dobao, a concelleira por Ourense en Común Ledicia Piñeiro, o alcalde da Coruña por Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, e a deputada de En Marea, Ángela Rodríguez ‘Pam’. A entrada será libre até completar o aforamento.

8 de marzo de 2016 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.