publicidade hoxe

Imputan ao presunto autor dun incendio forestal na Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Xefatura de Policía Autonómica de Pontevedra informaron este mércores da imputación dunha persoa como presunta autora dun delito de incendio forestal por un lume rexistrado na Estrada.

Segundo apuntou a Xunta, o incendio tivo lugar o pasado 11 de marzo, cando o agora imputado realizaba unha queima de restos forestais sen cumprir as medidas preventivas básicas de seguridade. As chamas afectaron a 20.000 metros cadrados de superficie arboredo e rasa.

Para a investigación deste caso contouse coa colaboración de Axentes Forestais da Brigada de Investigación de Incendios Forestais do Distrito XVI. Instrúe as dilixencias o Xulgado de Garda da Estrada.

16 de marzo de 2016 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.