Francisco Conde pide prudencia para que Navantia Ferrol peche un contrato con Australia para construír dous buques

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, pediu “ser prudentes” para que Navantia Ferrol peche con Australia un contrato para construír dous buques de acción loxística para a Armada deste país.

En declaracións á prensa este mércores en Santiago, Conde apuntou que Navantia “resultou gañadora no concurso” para construír eses dous buques en Ferrol, polo que está “nesa posición final e agora chega o momento de concretar as diferentes especificacións técnicas e, polo tanto, a sinatura final dese contrato”.

Así, destaca que se pecha ese contrato “suporá un salto cualitativo e estratéxico na posición” de Navantia en Ferrolterra, unido á construción do flotel de Pemex e “os propios contratos que se están a traballar en Arabia Saudí”, así como a diversificación da eólica ‘offshore’ en Navantia Fene.

Segundo Conde, suporá “unha carga de traballo que vai permitir dar a volta a unha situación crítica pola que atravesou Navantia”, que dará lugar á “consolidación e recuperación definitiva de Navantia Ferrolterra”.

Segundo informa La Voz de Galicia este mércores, a fabricación deses dous barcos implicaría uns “tres millóns de horas de traballo -case tres veces as do buque de acción marítima (BAM) que se executa actualmente na antiga Bazán-, o que propiciará ocupación para unhas 2.000 persoas nos momentos máis álxidos do programa, que durará catro anos”.

9 de marzo de 2016 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.