publicidade hoxe

Francisco Conde avalía cos novos empresarios de Ourense as medidas para promover o emprendemento xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseVerín
A-
A+
Francisco Conde no almorzo con AJE Ourense

Francisco Conde no almorzo con AJE Ourense

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Verín nun almorzo coa Asociación de Xoves Empresarios de Ourense (AJE-Ourense) para coñecer as demandas dos empresarios locais e presentarlles as principais liñas de apoio do departamento autonómico.

Conde destacou a importancia de escoitar as achegas dos novos empresarios, xa que representan “o talento e risco necesario para afrontar o camiño da recuperación económica e porque son o verdadeiro motor da economía galega”.

Co obxectivo de facilitar o labor dos mozos e mozas emprendedores e axudarlles a poñer en marcha os seus ideas e proxectos, Conde destacou que o Goberno galego está a investir este ano 19 millóns de euros en diferentes liñas de apoio. Salientou que nas próximas semanas publicarase unha liña específica para financiar a contratación dos mozos e mozas dedicados a actividades de I+D+i por 2 millóns de euros e becas para realizar prácticas non laborais en empresas para menores de 30 anos.

Así mesmo, sinalou que nas próximas semanas convocarase unha nova edición das bolsas Reacciona para a contratación de 100 novos titulados para gañar experiencia profesional. Cun orzamento de 1,2 millóns de euros, os mozos e mozas apoiarán ás empresas ao longo da duración do programa ReAcciona, gañando experiencia profesional e abrindo unha fiestra ao mercado laboral. Durante as anteriores edicións destas bolsas, que beneficiaron ata o de agora a 200 bolseiros, o 54,14% dos participantes conseguiron a inserción laboral de inmediato. A dedicación dos bolseiros será a tempo completo durante un ano co obxectivo de que poidan realizar entre tres e catro proxectos traballando en diferentes servizos e empresas para a consultora que se lles asigne.

O titular de Economía, ademais, salientou o compromiso da Xunta coa provincia de Ourense para impulsar o emprendemento innovador e, neste senso, resaltou que a provincia ourensá está tendo un protagonismo moi importante con iniciativas moi concretas como as aceleradoras Agrobiotech, que suma 11 proxectos de eidos como a biomasa, a biotecnoloxía e o agroalimentario; e a nova rede de aceleradoras de emprendemento para impulsar a formación e o asesoramento dos novos empresarios e a creación e consolidación das empresas. O proxecto, impulsado pola Xunta e a Fundación EOI, inclúe 6 novos centros de emprendemento e coworking, dous dos cales están emprazados nas localidades de Xinzo da Limia e Celanova.

28 de marzo de 2016 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.