publicidade hoxe

Dúas menores evacuadas con síntomas de intoxicación por gas en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos de emerxencias trasladaron a última hora deste martes ata o Hospital Clínico de Santiago a dúas menores da localidade pontevedresa de Lalín con síntomas de intoxicación por gas.

Segundo indicou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, a chamada de alerta recibiuse sobre as 19,30 horas deste martes, informando de que había dúas persoas con mareos nun domicilio.

Ante a sospeita de que fose debido a un escape de gas, foron mobilizados os Bombeiros de Deza, a Garda Civil e persoal do GES e de Protección Civil de Lalín, que determinaron que a orixe da intoxicación estaba na mala combustión dunha cheminea.

Un familiar das menores trasladounas ao centro de saúde da localidade, pero, aínda que en principio se atopaban ben, foron derivadas ao Hospital Clínico de Santiago para sometelas a un exame máis exhaustivo.

23 de marzo de 2016 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.