publicidade hoxe

Diego Calvo clausura o obradoiro de emprego das Pontes animando aos mozos a continuar a súa formación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Pontes
A-
A+
Diego Calvo na clausura do obradoiro

Diego Calvo na clausura do obradoiro

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, asistiu esta mañá ao acto de clausura do obradoiro “Pontes de Emprego”, que se desenrolou nos últimos seis meses en As Pontes.

As sesións formativas centráronse na especialidade de confección e publicación de páxinas web e contaron coa participación de 12 alumnos menores de 30 anos asistidos por un director do obradoiro, dous docentes e un administrativo.

Durante o acto de clausura e entrega de diplomas, Diego Calvo insistiu na importancia deste tipo de obradoiros que concede a Xunta aos concellos de Galicia, xa que “hoxe en día, a formación é moi importante para facerse un oco nun mercado laboral moi competitivo para os mozos”. Así, lembrou que os 111.078,24 euros achegados pola administración autonómica para a posta en marcha deste seminario “non son, en ningún caso, un gasto, xa que estamos a falar dun investimento fundamental do que estamos moi orgullosos e que serve para axudar aos que teñen máis dificultades para atopar un traballo, neste caso son os mozos”.

28 de marzo de 2016 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.