Dead Bronco ofrecerá tres concertos en Galicia na xira SON Estrella Galicia
O grupo Dead Bronco ofrecerá tres concertos no marco da xira SON Estrella Galicia. Serán o 31 de marzo, na Coruña; o 1 de abril, en Pontevedra; e o 2 de abril, en Ferrol. Este grupo consolidouse, en tres anos, como unha das bandas independentes “máis emerxentes do territorio europeo”, sinala a compañía. Así, destaca o seu recoñecemento fóra de España tras a publicación de dous discos, ‘In Hell’ e ‘Penitent Man’.
Ademais de participar nos principais festivais de música de Europa, o grupo está inmerso na actualidade noutros proxectos como a participación do líder da banda, Matt Horan, no thriller ‘O vixilante’, rodado entre España e USA.
Nos seus VII edición, SON Estrella Galicia mantén “a súa aposta pola música alternativa”: “Aquela que mestura estilos diversos, fusiona xéneros e crea tendencia sen esquecer os clásicos”.











