Artesanía de Galicia leva o traballo de 9 obradoiros artesáns a Xapón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

Artesanía de Galicia leva a Tokio o traballo de 9 obradoiros artesáns da man da compañía téxtil de Rianxo D-DUe e da empresa xaponesa HP France, distribuidora desta firma en Xapón. Así, na primeira tenda en exclusiva da empresa galega no país poden adquirirse pezas de cestería, cerámica contemporánea e olería.

Pezas tradicionais conviven con novos produtos deseñados polos creativos Charo Froján e Alfredo Olmedo e producidos por artesáns galegos. No establecemento véndense pezas de cestería de Antonio Suárez Dávila (Vigo); o textil do Castelo de Sobroso (Ponteareas); pezas de cerámica contemporánea de Victor Artes (A Coruña), Fernando Porto (A Estrada), Manuel Figueiras (Muros), Marta Armada (Vigo), Cerámica Unzueta (Brión) e olería tradicional de Gundivós de Elías González e a olería de Buño de O Rulo.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha o Plan de Artesanía de Galicia, unha folla de ruta coa que se busca acadar un sector artesán sólido e sostible no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego.

A comercialización e promoción do produto artesán galego a través da consolidación da marca Artesanía de Galicia nos diferentes mercados, constitúe unha das liñas estratéxicas que se enmarcan dentro deste plan impulsado pola Xunta.

10 de marzo de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.