publicidade hoxe

Abiga reitéralle á Xunta o seu interese en instalarse no porto seco de Monforte de Lemos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, prolongará o prazo concedido á empresa Abiga para formalizar a adquisición do solo adxudicado no Porto Seco de Monforte de Lemos para adaptalo ao prazo necesario para que o concello execute a depuradora do mesmo e conceda á empresa a licenza de implantación.

A prórroga foi acordada nunha reunión celebrada hoxe entre os representantes de Abiga e o director xeral do IGVS, Heriberto García, na que os representantes da empresa reafirmaron o seu interese por instalarse no Porto Seco, especialmente unha vez que a Xunta de Galicia propuxo unha solución viable ao problema dos vertidos e á saturación da rede municipal de saneamento.

O proxecto para a instalación dunha depuradora compacta no Porto Seco foi entregado a semana pasada ao concello de Monforte, que deberá encargarse de obter o permiso de vertido da confederación hidrográfica e da construción da depurados.

A empresa Abiga ten adxudicados 40.000 metros cadrados de solo empresarial no Porto Seco de Monforte, no que prevé instalar unha planta de aproveitamento de recursos forestais, cun investimento de 20 millóns de euros e a creación de de 35 postos de traballo directos e preto de 105 indirectos.

1 de marzo de 2016 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.