publicidade hoxe

A Xunta traballa para restablecer a normalidade na estrada Becerreá-Navia de Suarna tras un desprendemento de terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáCervantesLugoNavia de SuarnaSucesos
A-
A+
Lugar no que se produciu o desprendemento de terra

Lugar no que se produciu o desprendemento de terra

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda continúa a traballar para restablecer a normalidade na estrada entre Becerreá e Navia de Suarna (LU-722), no PK 12+500, no límite con Cervantes, onde onte se produciu un desprendemento de terras.

O persoal de Conservación de Estradas da Axencia Galega de Infraestruturas, unha vez tivo coñecemento desta incidencia, iniciou as actuacións necesarias para restablecer o tráfico o antes posible. Así, pola tarde conseguiuse habilitar un carril, permitindo a circulación de xeito alternativo para cada un dos sentidos.

Os operarios seguirán esta semana, previsiblemente ata o mércores, coa retirada do material desprendido e a adecuación da vía. Ademais avaliarase a necesidade de executar medidas adicionais de sostemento no noiro coa fin de garantir a máxima seguridade nesta estrada.

Nas seguintes imaxes amósase o desprendemento producido así como o carril habilitado para a circulación.

7 de marzo de 2016 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.