A Xunta realoxará en Vigo e Tomiño a cinco familias en situación de vulnerabilidade
A Comisión Provincia de Vivenda de Pontevedra estudou hoxe a adxudicación de cinco vivendas a outras tantas familias en grave risco de exclusión e en situación de vulnerabilidade. As vivendas que se adxudicarán están emprazadas nos concellos de Vigo e Tomiño.
As catro familias adxudicatarias están en situación de vulnerabilidade e todas elas teñen fillos menores de idade.
En Vigo, a Comisión Provincial de Vivenda propuxo a adxudicación de catro vivendas, tres delas cedidas pola SAREB e unha vivenda de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
En Tomiño, a Comisión propuxo a adxudicación dunha vivenda cedida por Abanca a unha parella con fillos de curta idade e situación de exclusión social.